Saltar ao contido

Webs con IA

Unha web que traballa para o teu negocio

Facemos webs claras, rápidas e pensadas para o móbil, que explican o que fas e facilitan que che contacten. E, se o precisas, cun asistente de IA que responde dúbidas e recolle peticións a calquera hora.

Para quen é

  • Negocios sen web ou cunha web antiga que non se ve ben no móbil
  • Empresas que queren aparecer cando as buscan en Google na súa zona
  • Quen quere que a web conteste dúbidas e recolla contactos tamén fóra de horario

Que inclúe

Deseño á medida

Pensado primeiro para o móbil, que é desde onde te buscan.

Textos que se entenden

Axudámosche a explicar o que fas e para quen, sen tecnicismos.

Galego e castelán

Ou os idiomas que precise a túa clientela.

SEO local e ficha de Google

Para saír en Google e en Google Maps cando te buscan preto.

Asistente de IA ou WhatsApp

Responde preguntas frecuentes coa túa información e pásache os contactos.

Dominio ao teu nome

Rexistrámolo a nome do teu negocio, e a web cumpre a LSSI e o RXPD.

Como funciona

  1. Falamos

    Cóntasnos que fas, para quen e que che pregunta a túa clientela.

  2. Ensinámosche unha proposta

    Cos teus datos reais, para que vexas como quedaría antes de decidir.

  3. Publicámola

    Unha web sinxela, en arredor de 7 días desde que temos os textos e as fotos.

  4. Mantémola

    Aloxamento, copias de seguridade e cambios pequenos. Ti só nos escribes.

Preguntas frecuentes

O dominio é meu?

Si. Rexistrámolo a nome do teu negocio. Se algún día queres marchar, lévalo contigo.

Canto se tarda?

Unha web sinxela, arredor de 7 días desde que temos os teus textos e fotos. Se non os tes, axudámosche a preparalos.

Quen a mantén?

Nós, se queres: aloxamento, copias de seguridade e cambios pequenos como horarios, prezos ou fotos.

Falamos?

Escríbenos por WhatsApp e cóntanos que precisas. Contestámosche no día e, sen compromiso, dicímosche como o fariamos.

Escríbenos por WhatsApp

En persoa en Galicia · Por videochamada en toda España